Lawnchair. Píllalo? É un xogo de palabras malo, xa o sabemos. Baseado en Launcher3 de AOSP, Lawnchair conta con todas as funcións do Pixel Launcher (incluído o Google Feed), ademais de opcións de personalización. O mellor de todo? Non se precisa acceso root.

Lawnchair é unha aplicación de pantalla de inicio gratuíta e de código aberto para Android. Tomando como base Launcher3 —a aplicación de pantalla de inicio predeterminada de Android—, incorpora funcións de Pixel Launcher e ofrece amplas opcións de personalización.

NOTA: Trátase de versións beta da vindeira versión de Lawnchair. Úsao baixo a túa propia responsabilidade!

O tamaño das iconas, a etiqueta, as filas e as columnas son axustables. Lawnchair tamén admite paquetes de iconas, e a "Pill" tamén é personalizable. Estas non son as únicas funcionalidades, e engádense máis regularmente. Unha lista incompleta de funcións inclúe:

Tematización "Material You": Adáptase ao fondo de pantalla e ao tema do sistema.

Widget "Visión rápida": amosa información dunha ollada e conta con compatibilidade para Smartspacer.

Compatibilidade con QuickSwitch: Intégrase coa función de aplicacións recentes de Android en Android 10 e versións posteriores. (require acceso root)

Busca global: Permite un acceso rápido a aplicacións, contactos e resultados da web desde a pantalla de inicio.

Opcións de personalización: Ofrece opcións para axustar as iconas, os tipos de letra e as cores ao teu gusto.